#Petisco lixeiro. A "venda" dos saxóns e xudeus de Romanía

Fóra de Mapa - A podcast by Fóra de Mapa

Podcast artwork

Categories:

Os xudeus e os saxóns, ou alemáns, sempre foron comunidades moi importantes en Romanía e en Transilvania en concreto.A pesar das mortes acontecidas durante a 2ª guerra mundial, especialmente o holocausto, e máis as migracións e deportacións sucedidas logo desta, durante o período comunista do país tanto a comunidade hebrea como a alemá tiñan unha forte vitalidade e centos de miles de membros.Con todo, o réxime comunista romanés empregou esta poboación dunha maneira ben ruín: "vendeu" ducias de miles de individuos co fin de mellorar as súas relacións coa República Federal de Alemaña e Israel, e por tanto con Occidente á vez que obtiña divisas e outros beneficios materiais, que habitualmente acaban no peto dos Ceaușescu.