A Lindona de Galicia - Capítulo IV
O podcast do CCG - A podcast by Consello da Cultura Galega

Categories:
Ramiro e Mormojón atopan no medio dos montes un castelo ruinoso no que está encadeado un misterioso prisioneiro... Mormojón descubre que o castelo pertence á Lindona, desde o que domina o val de Ribadulla e boa parte de Galicia.
-----
Esta é a dramatización sonora da obra "La Lindona de Galicia" coa que o Consello da Cultura Galega conmemora o Día Mundial do Teatro. Escrita a primeiras do século XVII por Andrés de Claramonte, esta peza teatral combina a lingua castelá e a galega. A obra conta unha historia sorprendente: na ambición de facerse co trono de Galicia, o rei García rexeita a súa antiga amante Lindona, unha brava señora que domina o reino desde o seu castelo das terras de Ribadulla.
Dramaturxia e dirección: Tito Asorey
Sonorización: Chus Silva
Intérpretes: Melania Cruz, Sergio Zearreta, Josito Porto e Tito Asorey